PRESÉNTOME AOS MEUS COMPAÑEIROS

PRESÉNTOME AOS MEUS COMPAÑEIROS

Enquisa inicial adaptada para poder presentarse nos primeiros días de curso. Elaborada para alumnado que ainda non le/escribe con fluidez. Esta enquisa realizouse para unha aula de titoría na que cada alumno/a tiña que responder por escrito a varias preguntas. Para o alumnado con máis necesidades de apoio, seleccionáronse estas preguntas que tamén responderían os compañeiros nos seus cuestionarios. O alumnado pode responder escollendo si/non e pegando a resposta no seu lugar. Para preguntas con resposta múltiple, pode ser necesario modificar o documento (as opcións de resposta) para adaptalas á realidade e intereses da persoa

Descargar o recurso