Bingo de rimas

Bingo de rimas

OBXECTIVO XERAL: Mellorar ou desenvolver a identificación de rimas. OBXECTIVO ESPECÍFICO: Identificar e emparellar as palabras que riman. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE: Neste arquivo proporciónase o material preciso para xogar ao bingo de rimas. Consta de 18 pictogramas e 5 cartóns de bingo. En total, atoparemos 12 rimas distintas. Para empregar o material aconséllase: 1. Imprimir tanto os pictogramas como os 5 cartóns. 2. Recortar e plastificar as tarxetas se queremos que perduren no tempo. 3. Precisaremos dalgún obxecto para sinalizar as rimas (gomets, fichas de parchís…) 4. Unha vez elaborado, comezaremos o xogo repasando xunto ao alumnado as tarxetas. Nomearémolas e amosaremos a rima no cartón correspondente. 5. A continuación, repartiremos un cartón a cada un ou formaremos grupos. Mesturamos as tarxetas e colocámolas boca abaixo. 6. Sacaremos unha tarxeta e nomearémola en voz alta. Cada xogador/a mirará se no seu cartón ten un debuxo que rima coa imaxe que saíu. De ser así, colocará o obxecto enriba do debuxo.

Descargar o recurso