Vestímonos seguindo as instrucións
Presentación interactiva, baseada en Genially, na que debemos vestir a unha persoa seguindo as instrucións orais dadas en cada unha das diapositivas. A través desta presentación trabállase a atención, a comprensión oral e a aprendizaxe do vocabulario. - Desconectado: Podemos descargar o ficheiro comprimido desde esta pestana e extraelo a un cartafol do noso ordenador. Unha vez extraído, fai clic no ficheiro Genial e a aplicación executarase automaticamente. Deste xeito, podemos executar a presentación sen conexión a Internet, desde o noso PC, un USB ou un disco duro. - En liña: Ligazón en castelán https://view.genial.ly/5e98d28e6326780e1df1f8e8/interactive-content-nos-vestimos Ligazón en galego https://view.genial.ly/5e9b3ff6794b240e24d6b855/interactive-content-vestimonos
Descargar o recurso